O vindeiro mes comezarán os traballos da concentración parcelaria de Briallos

    PORTAS> Mentres se fan as demarcacións, comezará o proceso de exposición pública para que os afectados presenten as súas alegacións.

    {flowplayer}images/salnes/PARCELARIA_PORTAS.flv{/flowplayer}

    Ata 633 propietarios e 302 hectáreas de terreo veranse afectadas pola concentración parcelaria presentada hoxe.

    O primeiro paso foi amosar a estes veciños o plan para a nova rede de camiños principais. A reordenación obrigará á composición dun trazado de 20 km de lonxitude, no que 2 km de viais contarán con 8 metros de ancho e os 18 restantes pasarán a ser de 6 metros.

    O seguinte paso será a exposición pública do proxecto, previa análise da xunta local. Será entón cando os veciños poidan presentar as súas alegacións a esta actuación, que se ven sumar a un proceso semellante que se está a realizar na zona de Romai.

    Redacción Salnés