O Concello de Meis recupera a feira vitivinícola Meus Viños coa colaboración de cinco adegas da vila

MEIS> O concello de Meis recupera o evento gastronómico meus viños. Esta segunda edición celebrarase o día 23 de outubro e conta colaboración de cinco adegas do municipio. Cada unha delas organizará unha actividade pola mañá e o evento pecharase pola tarde coa actuación musical dos Taninos.

Coa evolución favorable da pandemia e o descenso dos casos e das restricións, o concello de Meis recupera este ano o seu evento gastronómico meus viños. A festa que nacera no 2019 para promocionar a viticultura de Meis, celebrará este ano a súa segunda edición adaptándose á situación actual.

As adegas que participan son Terras de Asorei, Mar de Frades, Pazo Señoráns, Pazo Cilleiro e Laureatus. As dúas primeiras presentan dúas actividades ao aire libre: Terras de Asorei unha andaina dende adega ata o mosteiro da Armenteira e Mar de Frades unha xornada nos viñedos con mascotas.

Outras adegas realizarán actividades nas súas instalacións e con visitas aos viñedos para mostrar a elaboración do viño nas súas adegas.

Todas as actividades rematarán con catas para coñecer os viños das propias adegas. A segunda edición de Meus Viños rematarase cun concerto no renovado mercado de abastos. O grupo que actuará é os taninos, formado por Pepe Solla, Eladio Santos e Nicolás Pastoriza acompañados do soumiller Juanjo Figuerou que maridará a súa música con viño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí