O Galicia Foro Empresarial celebra unha conferencia en Vilagarcía centrada na ilusión e no optimismo

VILAGARCIA> Galicia Foro empresarial celebra unha nova conferencia en Vilagarcía enfocada a recuperar o optimismo no sector. Baixo o nome de “Xestionar a ilusión para vivir e non só para sobrevivir” déronse cita numerosos empresarios de toda a ría de Arousa. A xornada contou como relator ao prestixioso asesor Emilio Duró.

O Galicia Foro Empresarial naceu para unir a todos os empresarios da Ría de Arousa nunha plataforma na que poder compartir experiencias e mellorar as súas compañías. Continuando con este obxectivo, o Galicia Foro Empresarial celebrou en Vilagarcía a conferencia “Xestionar a ilusión para vivir e non só para sobrevivir” centrada en recuperar o optimismo do sector.

Numerosos empresarios se deron cinta nunha conferencia que buscou animar ao sector nun momento tan delicado, especialmente, polas consecuencias da guerra en Ucraína.

A conferencia estivo encabezada polo prestixioso asesor Emilio Duró. O relator centrou a súa exposición na capacidade que teñen que ter as persoas en afrontar os cambios con ilusión e alegría.

O relator desexou que trala conferencia, os empresarios saísen coa ilusión recuperada por vivir os seus soños. Sinalando ademais, que loiten por conseguir a súa mellor versión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí