![]()
VILAGARCÍA> Primeira derrota do Grupo Junquera esta ano. Os de Marcio caeron en Fontecarmoa por 2-5 ante o Albense nun partido no que mereceron mellor sorte.
{flowplayer}images/salnes/futbolsala_270911.flv{/flowplayer}
O Grupo Junquera xa sabe como as gastan na 2ªB. Nun partido no que dominaron de comezo a fin, no que dispuxeron das mellores ocasións de gol, caeron case que goleados na casa.
Os de Marcio comezaron moi ben o encontro, metendo ó seu rival en campo propio e anotando o primeiro gol por mediación de Juancar. Puido chegar o segundo en innumerables ocasións, pero non foi así. Nunha das poucas das que dispuxo o Albense empatou. Foi un gol psicolóxico xa que chegou xusto antes do descanso, aínda que o mazazo viría no inicio do segundo tempo co 1-2 obra de Carlos.
O dominio local acentuábase minuto a minuto e Javier, o porteiro visitante, convertíase no heroe do partido para o seus. A sete minutos para o remate chegou a xogada clave. O Junquera dispuxo dun penalti que Victor Méndez non puido transformar. Pouco despois, Carlos anotaba o 1-3 para os salmantinos.
Nos derradeiros intres, Marcio deu entrada ó porteiro xogador e nesa sorte o Albense anotou dous goles máis mentres que o Junquera tan só puido maquillar o resultado grazas a un zurdazo no derradeiro minuto de Isaac. Ó final 2-5 e os vilagarciáns que permanencen en metade de táboa antes de visitar a semana que ven ó Cistierna.
Redacción Salnés







