Rexurde o Cortegada que agora depende de si mesmo

SALNÉS> Despois da dolorosa derrota de onte, o Cortegada amosou hoxe a súa mellor versión para impoñerse por 17 puntos de diferencia ó Casablanca de Zaragoza o que mantén con opcións de clasificación ás de Pepe Vázquez.

Rexurde o Cortegada e mantense con opcións intactas de meterse nas semifinais tras gañar por 17 puntos ó Click Seguros Casablanca.

Dende o salto inicial víuse que as vilagarciáns saían cunha actitude ben diferente á de onte, e ademais con máis acerto, sobre todo a base Montse Gilabert, que dirixíu ó equipo á perfección anotando 11 puntos no primeiro cuarto, no que as diferencias do Cortegada chegaron a ser de 9 (9-18) para rematar mandando por 6, 15-21, antes do primeiro paso obrigado polos banquiños.

O único lastre eran as dúas faltas cometidas por Ylenia Manzanares e outras tantas por Aitana Cuevas, que as mandaban ó banquiño. Iso sí, na pista estaba Dita Liepkalne, que tras perderse o encontro ante o Bembibre, esta mañá xogou infiltrada.

O encontro igualouse no inicio do segundo período e mediado este o Casablanca púxose por diante, toda vez que o xogo interior do Cortegada non funcionaba e o exterior cada vez estaba mellor controlado. Ata ese momento tan só Gilabert e Aponte viran aro con facilidade. Un tempo morto de Pepe Vázquez servíu para aclarar as cousas, e aínda que no aspecto ofensivo non melloraron, si que curtaron a progresión ofensiva das mañas e puxeron as táboas no marcador. Chegouse ó descanso con 32-32.

A mesma tónica continuou no terceiro cuarto, no que as defensas impuxéronse ós ataques. O Cortegada mandaba por escasas rentas grazas a aparación de Ylenia Manzanares. A irrupción de Aitana Cuevas, sobre todo no aspecto reboteador, fixo que as de Pepe Vázquez colleran unha renta de nove puntos coa que entraron no derradeiro período (43-52).

Nos últimos minutos notouse a veteranía do Cortegada. Ylenia, Aitana e Montse dirixiron ó equipo á perfección para aumentar a renta final ata os 17 puntos (53-70)  e manter así ó equipo vivo de cara á última xornada da fase de grupos. Gilabert con 20 puntos foi a máxima anotadora do encontro. Destacaron tamén o 19+9 de Ylenia e o dobre dobre de Cuevas, con 12 puntos e 11 rebotes.

Mañá, choque decisivo ás 10:45 ante o UPV ed Arantxa Novo. A victoria de Bembibre sobre as vascas por 86-84 (prórroga incluída) fai depender de sí mesmas ás vilagarciáns. Se gañan, estarán nas semifinais.

Redacción Salnés