BOIRO> O incremento de roubos deste pasado verán na Pobra e en Boiro fixo que a Garda Civil iniciase unha investigación que deu coma resultado a detención nos últimos días de catro persoas, tres varóns e unha muller, todos eles con domicilio en Boiro, coma presuntos autores de varios delitos contra o patrimonio.
Foi no marco da operación ‘Larpeiros’.
Os axentes do Instituto Armado conseguiron descubrir, axudados tamén da colaboración cidadá que aportou información primordial para a resolución da investigación, o seu ‘modus operandi’, que consistía na vixilancia dos posibles obxectivos, e unha vez elixidos, accedían a eles en horario nocturno, sen importarlles causar grandes estragos para facerse co botín.
Segundo os datos aportados pola propia Garda Civil os efectos e os danos ocasionados superan os 80 mil euros.
Os catro detidos, xunto con tódolos efectos recuperados na operación foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira, que decretou o ingreso en prisión para dous deles.











