![]()
CALDAS> Os Conselleiros de Economía e Industria e Medio Rural reuníronse esta tarde con representantes do goberno local de Caldas..
{flowplayer}images/salnes/guerra_reunion_clesa.flv{/flowplayer}
… e do Comité de empresa de Clesa en Saiar para escenificar o apoio do goberno galego á proposta Agrupación Láctea Cooperativa, liderada por Feiraco para facerse cargo da antedita planta productiva.
A proposta das polo de agora once cooperativas é ós ollos do executivo autonómico é a máis axeitada pola seriedade, profesionalidade e experiencia que ten demostrado o grupo FEIRACO, que vai a ser o encargado da xestión da planta. A súa aposta prevé o mantemento da producción de sobremesas dado o valor no mercado da marca Clesa, a activación da producción de queixos e mesmo a posibilidade de innovar sobre os productos lácteos tradicionais.
O Comité de empresa da planta de Clesa tamén valorou positivamente esta proposta, por tratarse dunha cooperativa galega con ampla experiencia no sector e que promete manter e incluso ampliar o seu número de traballadores na comarca.
Agora toca agardar á decisión do xuíz entre esta e as outras dúas ofertas existentes sobre a planta.
Redacción Salnés






