O alumnado do obradoiro de atención socio sanitaria de Vilagarcía pide á Xunta que recoñeza o seu título

VILAGARCIA> En Vilagarcía, o alumnado do obradoiro de atención socio sanitaria pide á xunta que recoñeza o seu título. Os mozos llo fixeron saber ao delegado territorial en Pontevedra na visita que hoxe fixo ás instalacións do obradoiro. Os estudantes necesitan o recoñecemento do título para poder acceder ás bolsas de emprego autonómicas.

O obradoiro de emprego Forme 20 de Vilagarcía forma a 20 alumnos nas especialidades de carpintería e atención socio sanitaria. Nesta segunda ensinanza, os estudantes atópanse cun problema, a Xunta non recoñece o título da súa modalidade. Os participantes piden ao ente autonómico que  recoñeza a súa titulación para poder acceder ás bolsas de emprego autonómicas. Esta petición lla trasladaron ao novo delegado da xunta en Pontevedra que hoxe visitou as súas instalacións. Luís López quixo poñer en valor a importancia destes obradoiros.

Os participantes do obradoiro reciben unha prestación á vez que se forman. Ademais, toda a vila se beneficia das súas prácticas.

O concello aposta por estes módulos buscando dar unha maior saída laboral aos participantes.

A boa elección dos obradoiros aumenta as posibilidades de inserción laboral dos participantes. Na edición anterior a empregabilidade estivo por riba do 80%. Ambas administracións continuarán colaborando para poder axudar ao maior número posible de persoas desempregadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí