POIO é un dos concellos máis seguros

    POIO> Responsables políticos de Poio, da Delegación do Goberno, da Policía Local e da Garda Civil reuníronse hoxe para valorar a evolución da…

    {flowplayer}images/salnes/xunta_seguridade_poio.flv{/flowplayer}

    … seguridade cidadá no Concello de Poio. Ca estatística na man, constataron como a delincuencia baixou na última década, e especialmente nos últimos anos, debido, principalmente, á mellora da coordinación entre os dous corpos de seguridade que operan neste municipio.

    Nesta última anualidade a taxa rexistrada de delictos contra as persoas foi a máis baixa dos últimos anos. Un dos puntos máis sensibles destes índices atopámolos nos delictos de violencia de xénero: no pasado exercicio constatáronse 18 denuncias de 15 víctimas de entre os 35 e os 44 anos, na súa meirande parte, de nacionalidade española. Arestora hai 16 casos de protección.

    No tocante á sinistralidade no tráfico, cabe salientar que Poio non ten que lamentar ningunha víctima mortal no seu casco urbán desde o ano 2000. Amais, o número de sancións no último ano ascendeu a 153 neste mesmo espazo, sendo o exceso de velocidade, o consumo de alcol e o uso do móbil as principais causas, por esta orde. O punto máis conflictivo deste Concello segue a ser, sen dúbida, o núcleo de o Vao, polo que a presión policial neste lugar é aínda máis intensa. Estes datos fan de Poio un dos lugares máis seguros para residir, tal e como ratifica o propio veciño e alcalde, Luciano Sobral.

    Redacción Salnés