Un raio esnaquiza parte do campanario de San Martiño de Meis

    MEIS> Un raio esnaquiza parte do campanario de San Martiño de Meis e deixa sen electricidade a parte dos seus veciños. Técnicos do concello esperan poder restablecer o alumeado público entre o feito hoxe e o día de mañá, mais a reparación da Igrexa, que se encontra valada para evitar accidentes, pode tardar en realizarse.

     

    Acontecía sobre as 8 da tarde de onte, cando no medio da forte tormenta que pasaba polo Salnés, un raio caía en San Martiño de Meis provocando graves danos na estrutura do campanario da Igrexa, que chegou a perder a cruz de ferro que fixo de pararraios para este fenómeno meteorolóxico. Esta mañá os bombeiros analizaban a situación e ademais de acordoar a zona sacaron diversos ladrillos e bloques que quedaron soltos e que podían caer porteriormente. A descarga queimou totalmente a caixa eléctrica da igrexa e afectou ao alumeado público deixando a varios veciños sen subministro eléctrico. A pesar dos danos causados o seu efecto puido ser moito peor, segundo explica o electricista municipal. Esta mañá técnicos do concello xa comezaron a restablecer o subministro eléctrico do alumeado público e do centro de saúde que se viu afectado, tamén restableceron a auga que recibían varias casas por medio dun motor eléctrico que deixou de funcionar tralo raio. Mentres os veciños esperan recuperar pronto as súas conexión telefónicas e a internet, na igrexa aínda non se sabe cando poderán arranxar o campanario e a súa instalación.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/13/destrozos_igrexa_san_martino.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/13/destrozos_igrexa_san_martino.mp4{/flowplayer}