![]()
RIBEIRA> Todo o sector relacionado coa pesca coincide coa necesidade inminente dunha nova lonxa; no que discrepan é nos detalles do proxecto.
{flowplayer}barbanza/discrepanciasacoperilonxa.flv{/flowplayer}
A futura lonxa de Ribeira, que unha vez construída converterase na máis moderna e equipada de toda Galicia, seguen a xerar desencontros entre os seus usuarios. Se nun principio foi o seu emprazamento, nas inmediacións do porto deportivo, o que non convenceu a boa parte dos compradores de peixe agora o proxecto que está a elaborar a Consellería do Mar tamén presenta aspectos cos que non están de acordo.
Xuntanza
Os representantes do colectivo, que aglutina a preto de trescentos minoristas e maioristas, xa plantexaron estas demandas nunha recente reunión da comisión de seguimento de este proxecto.
Agardan que Portos de Galicia atenda ás súas necesidades para o que confían no apoio do alcalde, Manuel Ruíz, como portavoz das súas necesidades ante a administración autonómica.
Redacción Barbanza








