![]()
RIANXO> A iniciativa está promovida pola confraría de pescadores e financiada polo GAC Nº5 Ría de Arousa, a consellería do Mar e o Fondo Europeo da Pesca.
{flowplayer}barbanza/rianxodivulga.flv{/flowplayer}
Un grupo formado por unhas corenta persoas da asociación Amicos do Barbanza estreaba esta mañá este proxecto de divulgación do sector pesqueiro baixo o título ‘Rianxo Divulga’. A través desta iniciativa promovida pola confraría de pescadores da localidade e que está financiada polo Grupo de Acción Costeira Nº5 Ría de Arousa, a Consellería do Mar e o Fondo Europeo da Pesca, preténdese dar a coñecer os labores diarios da xente do mar e os recursos que o medio mariño desenvolvendo visitas guiadas a diferentes espazos da vila moi vinculados ó mundo do mar como é o caso da aula activa, o museo do mar, a lonxa ou mesmo unha cetárea.
O proxecto en cuestión vai destinado a colectivos con necesidades especiais e a centros educativos de toda Galicia, fundamentalmente do interior, desenvolvendo xornadas divulgativas para que coñezan a estrutura e o funcionamento do sector pesqueiro da localidade.
Aqueles colexios ou asociacións interesadas en participar neste proxecto xa poden realizar a correspondente inscrición, a través da páxina web www.rianxodivulga.org.
Redacción Barbanza








