NOIA> O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Noia o proxecto Música Medieval en Camiño, enmarcado no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Trátase dun ciclo de sete concertos que se celebrarán durante o mes de agosto en lugares emblemáticos do casco histórico da vila.
Co obxectivo de dinamizar o turismo ó tempo que se potencia o patrimonio literario e musical galego, a Xunta de Galicia pon en marca o programa ‘Música Medieval no Camiño’. A iniciativa, promovida pola soprano Esperanza Mara en colaboración coa secretaría xeral de Política Lingüística e o concello de Noia, componse de sete visitas musicais coa interpretación de cantigas medievais. Desenvolveranse ó longo de mes de agosto en lugares tan emblemáticos como Santa María A Nova, a rúa do Curro ou San Martiño.
En cada un deses espazos interpretaranse dúas pezas con voz e acompañamento instrumental cunha reprodución dos instrumentos do pórtico de San Martiño. As pezas forman parte da lírica galaico-portuguesa propia da orixe do camiño de Santiago.
Esta iniciativa enmárcase no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, unha das principais medidas que contempla a Xunta de Galicia no Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da crise sanitaria provocada pola Covid-19.
No acto de presentación participou tamén a deseñadora boirense Eva outerial quen ideou o vestido e o tocado, de inspiración medieval, que lucirá Esperanza en cada actuación.