A Pobra deseña un amplo dispositivo de seguridade de cara ó Nazareno

POBRA> A celebración este domingo da tradicional Procesión das Mortallas, á que acoden miles de persoas, foi unha das razóns que levou ó executivo pobrense a deseñar un amplo operativo de seguridade para a prevención de situacións de risco.

Ese día reforzarase tamén o número de efectivos con membros da Policía local da Pobra, de Rianxo, da Comandancia da Garda Civil da Coruña e de Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de varios municipios veciños.

De cara a prevención de emerxencias sanitarias, oito técnicos acompañarán a procesión dotados de desfibriladores e material de primeiros auxilios. Tamén se disporá de catro ambulancias de soporte vital básico e unha de soporte vital avanzado.

Ese día, dende as 8:30 da mañá ás 3 da tarde estará pechada ó tráfico a estrada AC-305, no tramo comprendido entre a rotonda da estación de autobús e a entrada á rúa Venecia, así como da AC-302, dende o cruce da Atalaia ao centro da vila.

Dende o Concello aconséllase ós visitantes empregar os aparcadoiros habilitados na zona de Venecia e no Campo da Feira, evitando o casco urbano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí