Triunfo do Est.Otero e derrota do Liceo no debut ligueiro

CAMBADOS> Arrancou a competición na División de Honra Nacional onde militan Liceo Casino e Establecimientos Otero. Mellor sorte correron os cabadeses que superaron no seu debut o Aritmo Borges catalán. Os vilagaciáns caeron na casa ante o Club del Mar.

Gran debut do Establecimientos Otero na súa estrea en División de Honra. Os cambadeses medíanse a outro recén ascendido como o Aritmo Borges, ó que superaron por 4-2 nunha gran actuación conxunta.

Como era de prever, o nixeriano Kazeem Ahmed venceu nos seus dous compromisos sen problemas, por 3-0, mentes que Fernando Padín e Adrián Vidal sumaron un punto cada un logo de perder ante o xogador de refenrecia dos cataláns, José Luís Andrade. Un bo comezo para o Establecimientos Otero que a semana que ven descansa. Non xogará ata o día 8 cando reciba en Santo Tomé ó Mataró Quadis.

Non lle foron tan ben as cousas ó Liceo Casino de Vilagarcía que perdeu na casa ante o Club del Mar da Coruña, por 3-4. Os vilagarciáns tiveron o partido na man cando dominaban por 3-2, grazas ós dous puntos de Sergey Nigeruk e ó de Francisco Monroy, pero nos últimos dous encontros non souberon rematar. Samuel Pereiro perdeu ante Quiang Zhao e o punto do dobres tamén foi para os coruñeses, nun encontro que puido caer de calquera dos dous bandos. O Liceo visitará ó Cai Santiago na vindeira xornada, tamén o 8 de outubro.

Este arranque no tenis de mesa tamén nos deixou un derbi comarcal na Segunda Nacional entre Grupo Barros de Cambados e Ribadumia Tenis de Mesa, con vinctoria para os primeiros por un claro 5-1.

Redacción Salnés