Vilagarcía presenta o Servizo Integrado de Intermediación Laboral

    servizomediacionlaboral copia.jpg VILAGARCÍA> O proxecto de creación de emprego contempla a información e asesoramento ó desempregado, a formación e a mediación laboral.

    {flowplayer}images/salnes/SERVIZO_INTERMEDIACION_LABORAL.flv{/flowplayer}

    Trátase de poñer en contacto a tódolos axentes sociais que interveñen na cadea de oferta e demanda de emprego, por iso, desde o centro de formación de Matosiños, técnicos municipais traballarán para dotar ós usuarios deste servizo das ferramentas precisas para incorporarse ó mercado laboral. Ofrecerán información e deseñarán intinerarios personalizados para solucionar as demandas de cada cidadán. Outro piar básico estará na capacitación profesional, organizando cursos e xornadas en función da demanda dos usuarios. De feito esta será unha das primeiras accións que porán en marcha: unhas charlas sobre como conseguir os certificados de profesionalidade.

    Neste servizo colaboran técnicos municipais dos departamentos de Emprego, Igualdade, Xuventude, Servizos Sociais, o Servizo Galego de Colocación, o SPAD ou a oficina de I+D. Desde o concello tamén presentaron o proxecto a representantes sindicais e axentes socioeconómicos da cidade para que achegasen as súas propostas. Un papel, o dos axentes socioeconómicos, que será fundamental, xa que o programa inclúe unha liña de mediación con estas empresas para localizar demandas e postos de emprego, á vez que se asesorará ós emprendedores para guialos na creación dos seus propios negocios.

    Redacción Salnés