A Ruta do Viño amplía público co deseño de actividades para persoas invidentes

    CAMBADOS>

     

    O día oito de novembro celébrase o Día Europeo do Enoturismo. Unha data que cada ano a Ruta do Viño Rías Baixas conmemora co deseño dun amplo programa de actividades coas que fomentar a experiencia enoturística e espertar a curiosidade de locais e visitantes polo mundo do viño. Unha masterclass para profesionais, a cuarta cata amateur ou o bus do viño son algunhas das actividades programadas. A novidade; un taller de memoria sensorial para persoas con discapacidade visual.

     

     

    O oito de novembro celébrase en toda Europa o Día do Enoturismo. Como vén sendo tradición, a Ruta do Viño Rías Baixas xunto co concello de Cambados deseñaron un programa de actividades que se alongarán durante catro días, nos que se conxugan propostas novidosas con outras que se veñen consolidando grazas á súa elevada demanda. Entre as iniciativas inéditas, un taller de memoria sensorial dirixido a persoas invidentes. A Ruta, integrada na Guía de Enoturismo Accesible de Predif, pretende abrirse cada vez a máis público, de aí que por primeira vez en Galicia se ofreza esta actividade, que deseñaron en colaboración coa ONCE.

     

    O sábado sete de novembro reeditarase un dos clásicos da Ruta:  o Bus do Viño volverá a poñerse en marcha para realizar dous percorridos que levarán ós visitantes por catro adegas de Cambados: Casa da Barca e Martín Códax un, e Condes de Albarei e Don Olegario o segundo. Para o propio Día Europeo do Enoturismo, o domingo, resérvase a outra cita tradicional: a IV Cata Amateur no Salón de Congresos Peña. Como director de cerimonias: o sumiller Nacho Costoya.

     

    O mércores 11 de novembro terá lugar a última das actividades do programa. Desta volta dirixida a un público de perfill máis profesional. Seráunha masterclass sobre enoturismo e redes sociais que se impartirá no Museo do Viño.

     

    Para participar en calquera das actividades programadas, a excepción do taller de memoria sensorial, deben poñerse en contacto con eles por vía telefónica ou a través de correo electrónico. Tódolos datos poderán atopalos na súa páxina web.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/23/DIA_ENOTURISMO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/23/DIA_ENOTURISMO.mp4{/flowplayer}