Entregan 1.000 firmas para a mellora dos parques de Vilagarcía

    firmas_parques100.jpgVILAGARCÍA > Vilagarcía é o único concello da zona do Salnés que conserva o chan de area en tódolos parques infantís do municipio…

    … en vez de instalar o solo de caucho normativo.

    Esta realidade preocupa a varios pais e nais da zona que se están a mobilizar para esixir unha mellora nas instalacións infantís de Vilagarcía. O primeiro paso foi recoller máis dun millar de firmas que se entregaron hoxe, no concello.

    O que comezou sendo un comentario habitual dos pais e nais de Vilagarcía converteuse hoxe nunha realidade. Esta plataforma de proxenitores entregaron esta mañá, no concello, máis de 1.000 firmas que recolleron durante o último mes, para que se cambie o chan de area dos parques, por outro máis hixiénico e moderno.

    Segundo esta plataforma de vilagarciáns, os parques do municipio están mal iluminados e carecen de sinalización.

    Esta iniciativa contou co apoio da maioría dos proxenitores de Vilagarcía, que colaboraron activamente nesta recollida de firmas.

    A alcaldesa non quixo recibir a esta plataforma de pais e nais. A primeira edil asegura que non hai orzamento para estas intervencións. Sen embargo, os proxenitores non se conforman con esta resposta e aseguran que seguirán recollendo firmas ata que a súa petición sexa unha realidade en Vilagarcía.

    Redacción Salnés