A Deputación da Coruña investirá 300 mil euros na ampliación do Club de Remo da Pobra

A POBRA> O presidente provincial anunciou este investimento no transcurso dunha vista á localidade na que tamén tivo ocasión de visitar as instalacións do centro de coworking.

O pleno de Deputación da Coruña vén de dar luz verde a un expediente de modificación de crédito no que se inclúe unha partida de 300 mil euros para a ampliación da sede do club de remo da Pobra. As obras consistirán na construción de dous módulos que permitirán ampliar a zona de almacenaxe das embarcacións así como o ximnasio e os vestiarios.

Ademais de garantir unhas mellores condicións de adestramento para os preto de 150 deportistas que integran o club de remo, a actuación dotará ó centro dunha maior accesibilidade coa construción dunha ampla beirarrúa entre a estrada e o edificio dando continuidade ó paseo existente no parque do Castelo.

Trala visita á sede, o presidente da Deputación realizou tamén unha visita ás instalacións do espazo de coworking que se vén de integrar na rede de espazos colaborativos da Deputación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí