O BNG pide derogar o Decreto de xestión integrada das áreas sanitarias

    bngsanidade copia.jpg VILAGARCÍA> Os nacionalistas presentaron no Parlamento galego unha proposición non de Lei para reivindicar a autonomía do hospital do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/BNG_AREA_SANITARIA_290911.flv{/flowplayer}

    A integración da área sanitaria do Salnés na de Pontevedra xa se está a deixar notar na actividade do hospital comarcal. Segundo o Bloque Nacionalista Galego, as listas de espera para cirurxía xeral e dixestiva aumentaron de media este ano en 23 días, e no caso de Traumatoloxía pasaron dos 49 días no 2010 ós 68 neste 2011. Para os nacionalistas esta é só unha mostra do que pasará de seguir aplicándose o decreto de xestión integrada publicado pola consellería de Sanidade o pasado 5 de agosto. Menos recursos económicos para o hospital do Salnés que acabarán por mermar a calidade da asistencia e atención ós pacientes. Por iso veñen de presentar unha proposición non de Lei no Parlamento na que instan á Xunta a que derogue esta normativa.

    Pero os nacionalistas van máis aló e advirten que a integración das áreas respondería á intención da Xunta de privatizar parte da sanidade pública, porque se o Salnés se incorpora á zona de Pontevedra, o hospital comarcal tamén pasaría a depender do futuro complexo que se construirá en Monte Carrasco.

    Esta proposición non de Lei dos nacionalistas vén a sumarse á solicitude dun pleno extraordinario en Vilagarcía realizada onte mesmo polos grupos locais do BNG, PSOE e Esquerda Unida. Medidas coas que pretenden reivindicar a autonomía da área sanitaria do Salnés e que se materializarán o vindeiro venres 7 de outubro na manifestación convocada en Vilagarcía pola Plataforma en Defensa da Sanidade.

    Redacción Salnés