Desaparece o castro de Taramancos

achadegastaramancos.jpgNOIA> A alcaldía sostén que Patrimonio levantou o vestixio para que non interferiran coas obras da variante mentres que a consellería di que a retirada se axusta á lei.

{flowplayer}barbanza/achadegastaramancos.flv{/flowplayer}

Un dos muros e a estruturas circular atopados en Taramancos, en Noia, logo das escavacións da ponte sobre a ría, xa non están. Os arqueólogos encargados dos traballos de escavacións recoñeceron, onte, que as lousas que conformaban os dous vestixios están apiloadas nunha das esquina da escavacións. Segundo eles, o derrubo obedece á necesidade de estudar os vestixios, moito máis antigos, que se atopan debaixo dos primeiros.

Reaccións

Con todo, dende a alcaldía noiesa sospeitan que a retirada oculta motivos máis escuros. Dende a consellería sen embargo, afirman que o atopado corresponde a achádegas de menor importancia, polo tanto, como di a lei, nada máis que resta catalogalos e rexistralos na memoria pertinente. Ademais, piden prudencia e recordan que o perímetro de protección de 200 metros está a ser respectado. Con todo, os arqueólogos proseguen os seus traballos porque sospeitan que debaixo do atopado hai estruturas moito máis antigas pertencentes a idade de Ferro.

Redacción Barbanza