Cando as prazas eran os ‘centros comerciais’ da alimentación

    prazaabastosbueu copia.jpg BUEU> A Federación de Prazas de Abastos de Galicia pon en marcha unha campaña para revitalizar os mercados e atraer clientes mozos.

    {flowplayer}images/salnes/PRAZA_ABASTOS_BUEU.flv{/flowplayer}

    Os mercados tradicionais foron no seu tempo o primeiro centro comercial da alimentación, e como din desde a Federación de Prazas de Abastos de Galicia, a súa intención é recuperar este papel. Para iso, van poñer en marcha unha campaña de revitalización para renovar a imaxe destes espazos e atraer a máis clientes, sobre todo á xente máis nova. As principais bazas das que se servirán serán a calidade dos produtos que ofrecen e o trato de confianza cos seus compradores, xa que, como recoñecen, en prezos non poden competir coas grandes áreas.

    A campaña conta co apoio da Dirección Xeral de Comercio da Xunta. Desde o organismo autonómico teñen abertas distintas liñas de subvención para incentivar a remodelación dos mercados e axudar ós praceiros a captar novos clientes e saber transmitirlles as vantaxes de acudir ós mercados.

    Cincuenta centros comerciais abertos e 21 prazas de abastos de toda Galicia están adscritos a estas liñas de axudas. Desde a Xunta animan tamén ós praceiros a que se asocien, para conseguir nun futuro que os 102 mercados que hai na comunidade formen parte da Federación galega.

    Redacción Salnés