A licitación das comportas do Saco retomarase o ano que vén

    jjportocambados copia.jpg CAMBADOS> O proceso iniciará unha vez saneada a zona. Portos de Galicia estudará tamén a instalación de cámaras de videovixilancia en Tragove.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_JJ_LONXA_TRAGOVE.flv{/flowplayer}

    O proceso iniciará pois logo de que a consellería de Medio Ambiente execute o saneamento integral da zona. Será entón cando se contrate a instalación das comportas no Saco, unha infraestrutura que permitirá regular o fluxo de auga e protexer a zona marisqueira de posibles vertidos que se produzan na dársena, ó separar a zona interior e exterior do estuario.

    Outro dos proxectos nos que están a traballar os técnicos de Portos de Galicia é a instalación dun dique de atraque e abrigo no peirao, obra que houbo que paralizar por problemas de inestabilidade do fondo mariño e para a que se barallan varias solucións.

    Por último, o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, comprometeuse durante a visita a Cambados a estudar a colocación de cámaras de videovixilancia no porto de Tragove para evitar roubos e actos vandálicos, e incluso ofreceu ó concello a posibilidade de asumir conxuntamente estas labores de vixilancia.

    Redacción Salnés