O BNG critica o mal estado das instalacións deportivas da Pobra

POBRA> O BNG da Pobra denuncia o abandono do polideportivo de Venecia. O pavillón permanece pechado á espera de que comecen as obras de reforma, aprobadas hai xa tres anos.

Xa en xuño de 2018, o BNG solicitaba en pleno o arranxo das numerosas deficiencias que presentaba o pavillón de Venecia. Tras conseguir a dotación dunha partida orzamentaria, un ano despois procedíase á adxudicación da obra que a día de hoxe seguen sen executarse. Mentres tanto, o centro permanece pechado e os seus usuarios vense obrigados a desprazarse a outros concellos para a práctica deportiva.

Os nacionalistas chaman a atención ademais sobre o mal estado doutras instalacións deportivas do concello como as pistas do Castelo.

Critican tamén o mal estado en que se atopa o estadio da Alta a pesar de contar con partidas presupostarias con cargo ó POS 2017 e 2018.