Óscar Rial: ‘Poñemos ás persoas no centro do noso programa’

RIANXO> Apenas a dous días do remate da campaña a actividade do candidato socialista á alcaldía, Óscar Rial, é frenética. Serán as súas primeiras eleccións.

De cara ó domingo móstrase ilusionado e confiado en acadar uns bos resultados.

Nas últimas semanas intentaron trasladarlle á veciñanza as liñas mestras do seu programa que se basea en catro eixos fundamentais.

O primeiro deles céntrase en poñer ás persoas no centro das súas políticas, apostando polo centro residencial coma un dos seus principais proxectos

Para o socialista outro piar fundamental será a creación dun plan de mobilidade, que mellore as comunicacións entre as distintas parroquias do Concello, senón tamén con outros municipios limítrofes.

Rial é consciente da necesidade de realizar un cambio das actuais dinámicas de funcionamento municipal, apostando pola realización dun plan de mantemento e limpeza, así como a unificación dos servizos municipais. O outro dos seus eixes programáticos serán os proxectos do Rianxo do futuro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí