Un cento de artistas participarán no Certame de Pintura ó Aire Libre de Noia

NOIA> Noia acollerá o próximo 27 de xullo a 16 edición do Certame de Pintura ó Aire Libre. Participarán ó redor dun cento de pintores que deberán plasmar diversos enclaves da vila noiesa, en zonas acoutadas polo concello.

Un cento de pintores de toda España participarán o próximo 27 de xullo no Certame de Pintura ó Aire Libre José Fernández Leiceaga ‘Sesé’ que organiza o concello de Noia. Disporán de toda a xornada para plasmar os recunchos máis emblemáticos da vila.

Repartiranse nove mil euros en premios. Ademais dos tres que concede o concello haberá outro galardóns patrocinado por unha empresa local que, como contrapartida, quedará coa obras gañadora.

Dende hai dous anos incorporáronse tamén as categorías infantil e xuvenil para fomentar a creación artística entre os máis novos. Ó remate do certame, realizarase unha exposición con tódolos traballos participantes que estarán á venda no claustro do concello.