VILAGARCIA> Volta e revolta ás varas de cultivo de ameixa carrilexa. O Presidente da Agrupación de Parques de cultivo de Carril ven de…
{flowplayer}images/salnes/resposta_parques_cultivo_carril.flv{/flowplayer}
… retrucar de novo á versión da Consellería do Mar, asegurando que están dispostos a dialogar e a procurar solucións máis estéticas; pero que non van a consentir que por procurar unha praia máis bonita para algúns se queden sen sustento 650 familias.
Os parquistas amósanse dispostos a dialogar con calquera administración para mellorar a funcionalidade ou estética da praia. Así é todo aseguran que non foron consultados en ningún momento e que o normal sería falar antes con eles que anunciar a bombo e platillo o novo decreto.
Desde Carril reiteran que o decreto actual é perfectamente válido, posto que con el se regularon o 90 % dos parques e así o farán co 10 % restante, para evitar agravios comparativos. Aseguran que non son un colectivo violento, pero non poden a andar a provocalos como están.
Así as cousas, os productores carrilexos saben perfectamente que a lámina de auga non lles pertence, pero tampouco comparten que se poida navegar ou nadar libremente por ser unha zona algo perigoso.
Redacción Salnés