A voceira do PP en Ribadumia fai balance do primeiro ano de goberno do tripartito na vila

    RIBADUMIAS> O Partido Popular de Ribadumia convocou este xoves aos medios locais para facer balance do primeiro ano do goberno tripartito, que na actualidade goberna a vila. Un ano, que segundo a voceira popular, reflicte o desgoberno que está a reinar na vila. 

     

    A voceira do PP en Ribadumia, Salomé Peña, convocou aos medios, este xoves, para facer un balance da xestión do goberno municipal a fronte do consistorio durante este último ano. Segundo Peña, a principal labor do

    Dende o Partido Popular da vila son moi críticos coa actual xestión. Segundo a voceira do PP; a improvisación, a falta de ideas, a falta dunha dirección clara cara onde vai a crecer o concello, son só algunhas das carencias do goberno local. 

    A edil destacou proxectos como a reforma do ximnasio da vila, que se atopa rematado pero non en uso, a suspensión da BTTinto é outro punto conflitivo para os populares, ademais do abandono, segundo Peña, ao que están sometidos os principais recursos turísticos da vila. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/14/pp_ribadumia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/14/pp_ribadumia.mp4{/flowplayer}