Vinte dos 52 expropiados polo vial de acceso ó porto non cobrarán

    pagosdfomento copia.jpg VILAGARCÍA> Acusan a Fomento de mala xestión das indemnizacións, denuncian cambios no modo de pago e que non van recibir intereses acumulados.

    {flowplayer}images/salnes/PLATAFORMA_VIAL_PORTO_031011.flv{/flowplayer}

    Preto de medio cento de persoas retomaron esta fin de semana as protestas ante a forma na que o Ministerio de Fomento está a xestionar o pago das indemnizacións polas expropiacións do vial de acceso ó porto de Vilagarcía. Din os afectados que durante o verán recibiron unha carta na que se lles solicitaban os datos bancarios para facer efectivos os pagos. Unha cortina de fume para mantelos calmados, din agora, pois hai uns días, publicouse a lista de persoas que recibirán os cartos. E para a súa sorpresa, das 52 que integran a plataforma de afectados, 20 van quedar sen cobrar, a forma de pago xa non vai ser a través de transferencia bancaria, senón mediante a entrega dun cheque nominativo, e non se lles van a abonar os intereses acumulados.

    A entrega dos cheques realizarase os días 8 e 9 de novembro nas dependencias do concello de Vilagarcía. Coa vista posta nestas datas, e ante o descontento xeralizado, a plataforma xa ten programado un calendario de mobilizacións e actos reivindicativos.

    Tamén solicitarán á nova corporación vilagarciá o seu apoio para facer presión ante Fomento, e dirixiron un novo escrito ó ministro José Blanco solicitándolle unha solución urxente ás súas demandas. Queren que o problema quede resolto antes de que remate a lexislatura. E isto poría como data decisiva o 20 de novembro, día das eleccións xerais.

    Redacción Salnés