Durán achaca a ‘delicada situación económica’ do concello ó impago de Estado e Xunta

    VILANOVA>

     

    Hai apenas unha hora comezaba en Vilanova o pleno ó que ían os orzamentos municipais para este ano. Unhas contas continuistas, que roldan os seis millóns douscentos mil euros, que para a oposición chegan con sete meses de atraso e precedidas por informes da Intervención que apuntan á mala situación económica das arcas municipais. Desde o goberno local recoñecen a existencia de desfases, pero culpan ás administracións estatal e autonómica. Se estas pagasen os servizos que lles competen non terían que financialos con fondos municipais.

     

     

    O alcalde de Vilanova Gonzalo Durán non se despeitea o máis mínimo ó recoñecer que os que se apunta nos informes de Intervención do concello sobre a delicada situación das arcas municipais é verdade. Pero a explicación tamén é clara. Di Durán, que se as administracións estatal e autonómica se fixeran cargo das súas competencias, o goberno local non tería que pagar con fondos propios o mantemento da sanidade, educación e servizos sociais.

     

    Gonzalo Durán asegura que o único responsable do déficit dos concellos é o Goberno Central e a reforma impulsada polo ministro Cristóbal Montoro no 2014.

     

    Aclarado este punto, criticado pola oposición de Vilanova, esta noite o pleno da Corporación avalía outra cuestión económica de calado: os presupostos municipais para este ano. Seguirán na liña de exercicios anteriores, roldando os 6.200.000 euros. Non se contemplan subas de impostos, nin sequera o IBI, como denunciaban recentemente desde o Partido Socialista.

     

    A contía do IBI manterase por tanto no 0.60.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/27/GONZALOORZAMENTOS.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/27/ORZAMENTOS_VILANOVA.mp4{/flowplayer}