Serqueira conclúe con éxito unha nova expedición solidaria

    VILAGARCIA> O podólogo cirurxán Patricio Serqueira ven de regresar do Salvador onde, xunto con un equipo de 25 persoas, acudiron un ano máis…

    {flowplayer}images/salnes/operacion_nenos_salvador.flv{/flowplayer}

    … a levar a cabo unha importante misión humanitaria: a de valorar e operar as doenzas cas que nacen moitos dos cativos deste lugar e que lles impide andar ou desenvolver unha vida normal, dentro dos problemas e miseria ca que conviven naquel país. A experiencia adquirida en anos pasados provocou que desta volta foran quen de valorar uns 160 nenos e nenas con doenzas no pé, dos que operaron 52 dos 90 casos operables cos que se atoparon. O momento de decidir cales eran os afortunados en recibir esta operación de balde é o máis sensible para os profesionais altruístas que compoñen esta misión. 

     Esta expedición solidaria foi este ano máis completa, porque gracias á achega desinteresada de varios colexios e persoas anónimas, as maletas destes misioneiros puntuais levaban unha chea de material médico e mesmo xoguetes para os pequerrechos.

    Se aínda non experimentaron a sensación de sentirse ben axudando ós que máis o precisan, están a tempo de colaborar na edición do próximo mes de setembro do 2012. Para iso, poden recibir máis información na clínica podolóxica que o doctor Patricio Serqueira ten en Vilagarcía.

    Redacción Salnés