Lousame celebra estes días as festas do San Roquiño de Tállara

LOUSAME> Como é tradición a procesión na honra de San Roque polas inmediacións da capela de Tállara celebrada onte domingo congregou a numerosas persoas.

Onte foi o arranque a uns festexos de gran sona na comarca, que se prolongarán ó longo desta semana, e que marcan o peche definitivo ás celebracións festivas da temporada estival.

A música onte domingo correu a cargo do Grupo Tania Veiras e da orquestra Unión y Fuerza.

As festas prolongaranse durante toda a semana ata o venres destacando as verbenas da noite coas actuacións de orquestras da talla de Los Satélites, Capitol ou Master, entre outras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí