Inter e Athletic de Bilbao confirman a súa presencia na AF7

inter250_040310.jpgVILAGARCÍA> Se o luns eran o Depor e o París Saint Germain os que confirmaban a súa presencia, agora foron Inter de Milán e Athletic de Bilbao, dous clásicos no torneo internacional alevín.

A metade dos equipos que partiparán na fase final da Arousa Futbol 7 xa confirmaron a súa presencia no torneo. Arestora son dez os conxuntos que xa deron o sí a competir do 14 ó 16 de maio na Lomba, e faltan por saber outros dez: catro deles sairán da fase previa, outros catro serán equipos españois e os dous restantes serán foráneos.

Os dous últimos en adherirse á lista foron Athletic de Bilbao e Inter de Milán. No caso dos italianos é a súa quinta participación consecutiva no torneo. Sempre asinaron boas actuacións, causando moi boa impresión nos afeccioandos polo seu estilo físico e disciplinado. A Arousa Futbol 7 ten unha conta pendente con este equipo, finalista en dúas ocasións, ante Valencia e París Saint Germain, e terceiro o ano pasado. Por iso son sempre un favorito a levarse o título.

O outro equipo que se uníu ó cartel foi o Athletic de Bilbao, equipo que non soe errar e repite ano tras ano en Vilagarcía. É sempre un conxunto a ter en conta, que encarna os valores futbolísticos dunha das canteiras máis prolíficas do futbol español como a de Lezama e que ademais, xa foi quen de levarase ás súas vitrinas o título, no ano 2003.

Xunto a eles estarán Real Madrid, Valencia, Sevilla, Español, Deportivo da Coruña e Celta de Vigo, por parte española. Do futbol internacional estarán seguro, ademais do Inter, o Paris Saint Germain e o Tottenham Hotspur.

A dous meses para o inicio o torneo vai collendo forma. Antes, en trinta días,  80 equipos xogarán a fase previa.

Rdacción Salnés