A Xunta crea a Rede de Parques Naturais de Galicia

    RIBEIRA> A iniciativa permitirá realizar unha xestión compartida e coordinada dos seis espazos naturais qexistentes en Galicia, entre os que se atopa o Parque Natural de Corrubedo en Ribeira. A Xunta ten intención de aprobar a próxima semana o decreto de creación da Rede de Parques Naturais de Galicia. A iniciativa permitirá realizar unha xestión compartida e coordinada dos seis espazos que dispoñen desa catalogación na nosa comunidade así como do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. Entre os obxectivos que persegue esta iniciativa figura a aposta por potenciar o turismo sostible e converter estes espazos singulares en axentes de desenvolvemento económico e de oportunidades de crecemento. O complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán en Ribeira, será un dos seis espazos naturais en toda Galicia que contarán con recoñecemento, xunto ó da Baixa Limia-Serra do Xurés, as fragas do Eume, o monte Aloia, o Invernadoiro e a Serra da Enciña da Lastra.