BARBANZA> Os concellos do Barbanza recibirán máis de oito millóns de euros do Plan Único da Deputación da Coruña. Unha partida próxima ós dous millóns destinarase a financiar o incremento do gasto social derivado da crise sanitaria.
A Deputación da Coruña vén de abrir o prazo para presentar os proxectos a financiar polo Plan Único 2021. Os fondos para o plan provincial suporán neste exercicio un incremento do 37 por cento, roldando os 64 millóns e medio de euros, dos cales máis de oito irán parar ós concellos da comarca do Barbanza.
Unha parte, ó redor de 1’7 millóns, irá destinada a financiar o aumento do gasto social derivado da pandemia mentres que os 6’6 millóns restantes destinaranse a gasto corrente, obras e investimentos ou amortización de débeda. Os concellos dispoñen de total liberdade á hora de decidir o destino dos fondos en base ás súas necesidades.
O reparto por municipios realízase tendo en conta criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio. Así, concellos como Ribeira recibirán máis de millón e medio de euros mentres que as axudas nos municipios máis pequenos, como Pobra, que recibirá 432 mil euros. Os concellos dispoñen de prazo ata o 5 de febreiro para formular as súas solicitudes que deberán ser posteriormente aprobadas pola administración provincial.