A romaría de San Ramón congregou en Bealo a miles de fieis

    BOIRO> A devoción por San Ramón volveu encher a carballeira de Bealo de miles de fieis. Tras procesión e a misa, a xornada prolongouse ata ben entrada a noite cunha romaría na que non faltou a música, o baile e a boa gastronomía. Con máis de dous séculos de historia ás súas costas, o San Ramón de Bealo pode presumir de ser unha das romarías máis antigas de Galicia. Cada ano, esta cita festiva congrega na carballeira de San Ramón a miles de persoas que disfrutan dunha xornada festiva. Especial significado ten esta festa para as embarazadas xa que son moitas as que acoden a San Ramón, intercesor das parturientas, na procura dunha boa hora. O certo é que, embarazadas ou non, o San Ramón volveu repetir éxito de asistencia cunha festa que se prolongou ata a noite.