![]()
RIANXO> O repintado das marcas viarias na estrada AC-305, ó seu paso por Taragoña, está a supoñer prexuízos para veciños e negocios da zona.
{flowplayer}barbanza/denunciastraficotaragona.flv{/flowplayer}
Hai máis dun mes que a Xunta volveu a pintar a sinalización da estrada para adaptala ás novas normativas de seguridade viaria. Sen embargo, a implantación de liña continua ó longo dun bo treito sen permitir a entrada e saída a negocios e garaxes supón un prexuízo para os seus usuarios.
Multas
Os que se decantan por ignora-la sinalización arríscanse a ser multados. De feito, nos últimos días xa se impuxeron sancións o que, segundo os propietarios dos negocios alí emprazados, pode acabar por disuadir ós seus potenciais clientes.
Varios veciños e mesmo a policía local de Rianxo xa teñen solicitado á Xunta que se repoñan as anteriores marcas viarias. De momento non recibiron contestación .
Redacción Barbanza









