PORTO DO SON> Actualmente execútanse ou están a piques de licitarse importantes actuacións nesta materia, entre as que destacan o saneamento de Xuño, Caamaño e Queiruga, por un importe total que se supera ó millón de euros. Para o executivo sonense o saneamento é unha das súas principais prioridades. Dende a súa chegada ó alcaldía 2011 foron moitas as actuacións realizadas de cara a mellorar este importante servizo básico para os veciños. Actuacións que se viron incrementadas nos últimos anos de cara a consecución do tan ansiado saneamento integral do Concello. Entre as máis importantes, pois darán servizo a dous núcleos densamente poboados, atópanse os saneamentos de Xuño e Caamaño, actualmente en execución e cuxo investimento ascende a máis de catrocentos mil euros. O alcalde quixo contestar tamén as críticas efectuadas pola oposición, en concreto polo BNG, que poñía en dúbida a funcionalidade desta EDAR debido ó escaso investimento destinado a ela. A estas obras haberá que sumarlle tamén o inicio nos próximos meses de actuacións tamén en Xuño e Caamaño, en Noal, na zona de Vixía e Miñortos, na Ornanda e tamén en Nebra, cuxos proxectos foron incluídos en plans da Deputación da Coruña e que están en fase de adxudicación. Toda unha serie de obras que superan con moito o millón de euros e que perseguen un compromiso adquirido polo executivo cos veciños destes núcleos.
Inicio BARBANZA