PONTECESURES > O alcalde de Pontecesures e a concelleira de urbanismo deixarán de ter dedicación exclusiva no concello. Así o aprobaron nun pleno extraordinario cos votos a favor do PP, ACP e PSOE e en contra do BNG e Indepentes por Cesures.
Finalmente o pleno de Pontecesures aprobou a moción presentada polo ACP e PP para retirar a dedicación exclusiva e parcial ós cargos de alcalde- presidente e concelleira de urbanismo. O acordo será efectivo a partir de mañá polo que o concello cesureño deixará de pagar este dous soldos. Luís Sabariz concelleiro de ACP xustificou a presentación desta moción pola mala xestión do traballo do rexedor cesureño dende o momento que foi aprobada a súa exclusividade. O partido popular, que nunca estivo a favor da exclusividade de ningún concelleiro, apoiou esta moción.
Aínda que o PSOE non estaba en contra da exclusividade do alcalde, si da súa xestión o fronte do Concello. Por outra banda Óscar Gerpe, voceiro socialista, non cre viable, para unha poboación tan pequena como Cesures, o mantemento de dous cargos con exclusividade dentro da corporación.
Tanto o alcalde. Luís Angueira, como a concelleira de urbanismo, Maribel Castro, defenderon o seu traballo no concello e a necesidade de manter as exclusividades do seu cargo aínda que se puxeron a disposición do pobo cesureño.
Agora haberá que esperar a moción de censura que presentará probablemente no vindeiro pleno ó bloque nacionalista galego para retirar do seu cargo como concelleiro o líder de ACP, Luís Sabariz.
Redacción Salnés