O blues inundará Vilagarcía do 7 ao 9 de xullo

    VILAGARCÍA> A II Edición do Vilablues, ou o que é o mesmo o Festival de Internacional de Blues de Vilagarcía, encherá a vila de boa música do7 ao 9 de xullo. A segunda fin de semana do mes de xullo, ou para os máis prácticos… do 7 ao 9 de xullo, Vilagarcía celebrará a segunda edición do Vilablues. Un festival que traerá a capital de Arousa a numerosos artistas procedentes de diferentes partes do mundo. Angela Brown, Suitcase Brothers, Nacho Pérez & Los Chacales ou Bernard Anderson, son só algúns dos artistas que pasaran polo escenario de este evento. Pero nesta edición non só haberá música, tamén haberá conferencias, bailablues e diferentes actividades relacionadas co blues, pero enfocadas a que poidan participar todos os públicos.