A modificación do proxecto retrasa a mellora do vial de Tállara

demoraobraslousame.jpgLOUSAME> O agrupación local do PSOE denuncia o retraso nas obras da estrada entre Tállara e Lousame.

{flowplayer}barbanza/demoraobrastallara.flv{/flowplayer}

Segundo os socialistas, no convenio asinado coa Xunta o concello comprometeuse a poñer a disposición uns terreos, dos cales na actualidade non se ten adquirido nin o cincuenta por cento.

Modificación do proxecto

Ademais, durante a primeira fase das obras foi preciso introducir modificacións sobre o proxecto orixinal o que ralentizou o ritmo dos traballos.

Dende a agrupación socialista entenden que os retrasos suporán importantes prexuízos par aos veciños que terán que convivir un inverno máis coas obras e as molestias derivadas delas.

Máis seguridade

Os socialistas piden ademais que se contemplen elementos que fagan máis segura a nova estrada como bandas rugosas para reducir a velocidade. Solicitan tamén que se proceda a reforzar as pontes en ámbolos dous lados e se redeseñen algúns cruces en desnivel, como o de San Roquiño.

Redacción Barbanza