A. Pontón: ‘Galicia debe seguir sendo referente na producción pesqueira e marisqueira’

RIBEIRA> Nunha xuntanza mantida esta mañá na lonxa, na que tomaron parte varios patróns maiores e representantes de distintos colectivos e asociacións vinculados ó sector da pesca e do marisqueo, a voceira do BNG e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, deu a coñecer as propostas da súa formación para este sector, segundo ela, estratéxico para a nosa economía.

Así comprometeuse a levar adiante un plan de recuperación das rías para reverter a perda de produtividade.

De chegar á presidencia da Xunta, tamén anunciou a creación dun seguro público para cubrir as eventuais perdas de produción marisqueira e un consorcio científico de estudo e coñecemento do mar.

Outra das súas propostas estrela será e a creación dunha sociedade mixta comercializadora para a promoción e venda dos produtos pesqueiros e marisqueiros, apostando por unha marca de calidade.

Por último tamén anunciou a prohibición de tódolos proxectos de eólica mariña, ó entender que serían un golpe mortal ó sector.