A Comisión de Festas de Ribeira fai unha chamamento á colaboración cidadá

    RIBEIRA> O 29 de Xullo arrancarán as festas do verán en Ribeira cun cartel de luxo para tódolos públicos. Destacan as actuacións musicais de Amancio Prada, o venres 31, La Unión que actuará o sábado e Celtas Cortos co concerto do domingo día dous. A este cartel estelar súmase unha ampla selección de orquestras e grupos como os Brothers in Band co seu tributo a Dire Straits. Á parte da música haberá actividades para tódolos públicos, especialmente os nenos, que serán os protagonistas dos numerosos espectáculos de animación, Mención a parte merecen tamén outras citas xa tradicionais no programa festivo como a misa e procesión do carme e o espectáculo de xogos de artificio que este ano pasan do sábado ó domingo. Dende o concello agradeceron o labor da comisión de festas integrada unicamente por tres persoas que traballaron sen descanso para sumar apoios e deseñar unha programación de altura. O presidente da Comisión destacou a falla de colaboración, especialmente nalgúns sectores moi beneficiados por estas celebracións, como a hostalería. O apoio do concello e das empresas patrocinadoras foi crucial para poder organizar os festexos sen deixar ningunha débeda ás comisións que veñan nos próximos anos.