Caamaño non podería formar parte do novo goberno nin recibir salario algún do Concello

OUTES> A actualidade en Outes volve a dar un xiro de guión que podería cambiar novamente o panorama político do Concello, a escasas horas xa da a moción de censura.

O goberno municipal formado por CO e BNG deu a coñecer un informe elaborado pola secretaria municipal respecto da situación na que quedaría o edil díscolo Tono Caamaño, unha vez que a súa expulsión do Partido Socialista sexa definitiva e firme, logo de presentar a moción de censura de xeito conxunto co Partido Popular.

No informe recóllese que Caamaño deberá pasar á condición de concelleiro non adscrito, polo que non poderá formar parte do goberno que xurda da moción de censura nin tampouco recibir salario algún do Concello.

Unha situación parecida á vivida noutros concellos de Galicia e mesmo do Estado no que se viviron casos semellantes ó de Outes, en sintonía co pacto antitransfuguismo.

O acordo non impide que prospere a moción de censura, pero o que si provocaría son cambios significativos no seu devir, xa que impide que o concelleiro transfuga se beneficie de apoiala segundo sinalan dende o Concello.