Tecnoloxías de última xeración para mimar ós turistas do Salnés

    mesasturismovilanova copia.jpg VILANOVA> Mancomunidade e empresa ‘Imaxina’ estenden as Mesas Interactivas de Información Turística ás oficinas de turismo de Vilanova, A Illa e O Grove.

    {flowplayer}images/salnes/TURISMO_VILANOVA_MANCOMUNIDADE.flv{/flowplayer}

    Cambados, Sanxenxo e Vilagarcía foron os primeiros concellos da Mancomunidade do Salnés en instalar estas mesas informativas nas súas oficinas de turismo. Este ano a empresa ‘Imaxina’ estende este soporte tecnolóxico ós concellos de Vilanova, A Illa e O Grove. O seu funcionamento é sinxelo pero ofrece un gran abano de posibilidades ós traballadores das oficinas de turismo, xa que en función dos perfís dos visitantes, poden deseñar paquetes personalizados con lugares que visitar, amosarlles fotos ou o percorrido en mapas. E non só do municipio no que están. Tódolos concellos mancomunados que dispoñen desta plataforma está conectados en rede, polo que os responsables das oficinas tamén poden propoñer excursións ou servizos que ofrecen nos municipios da contorna.

    Todos os datos recadados  ma mesa imprímense a continuación no idioma que solicite o turista para levar con el e iniciar a visita. Desde a Mancomunidade pretenden que sexa unha plataforma aberta tamén á participación dos empresarios da comarca, para que poidan ofrecer a través dela os seus servizos e novidades a tempo real.

    A implantación desta tecnoloxía conta co financiamento da Secretaría Xeral de Turismo e enmárcase no Plan de Promoción Turística do Salnés 2011. Desde a Mancomunidade agardan poder continuar con esta iniciativa o vindeiro ano e poder implantar estas mesas nas oficinas turísticas de Meis, Meaño e Ribadumia.

    Redacción Salnés