O PP de Cambados denuncia o mal estado das palmeiras do paseo marítimo

CAMBADOS> Máis de dez exemplares do paseo das palmeiras de Cambados atópanse en mal estado. O partido popular culpa ao concello da situación destas árbores pola súa falta de coidado e mantemento. Denuncian o risco de caída das palmeiras e os efectos negativos que terá a súa poda para o emblemático parque Cambadés.

Unha das zonas máis emblemáticas de Cambados é o seu paseo das palmeiras. Na entrada da vila e a carón do mar, estas árbores destacan en pleno centro cambadés. Pero na actualidade, as palmeiras, ao igual que noutras vilas, están sufrindo os efectos das pragas. Dende o partido popular da vila culpan ao goberno desta situación e advirten do risco  de non podalas.

O partido popular denuncia a falta de traballos de mantemento do goberno local e piden ao bipartito que non culpe a portos nin á Xunta do seu deixamento.

Ademais do risco de caída, os populares advirten que a poda destas árbores terá un impacto estético e medio ambiental negativo nunha zona emblemática da vila.

Os populares piden ao concello que tomen xa medidas para coidar as palmeiras e evitar que outros exemplares se vexan afectados. Tamén, que no caso de que se teñan que podar as máis afectadas que se volvan a plantar para que o paseo non perda a súa esencia.