![]()
LOUSAME> Un traballador das minas de San Finx sufriu un accidente laboral ó quedar atrapado entre dúas vagonetas.
{flowplayer}barbanza/accidentelaboralmina.flv{/flowplayer}
Ó redor das doce da mañá, os servizos de emerxencia recibían a chamada dos compañeiros da vítima, alertando de que un dos traballadores quedara atrapado entre dúas vagonetas no interior da mina de San Finx.
A pesar de que se mobilizou unha dotación de bombeiros de Boiro para proceder á excarceración do ferido, finalmente non foi necesaria, xa que os propios compañeiros foron quen de sacalo.
Finalmente, o ferido un home de 26 anos veciño da parroquia lousamiana de San Xusto, foi evacuado en helicóptero ó hospital Clínico de Santiago para ser atendido das graves lesións que presentaba.
Redacción Barbanza








