![]()
RIBEIRA> A comunidade educativa do IES Leliadoura protagonizou unha concentración en defensa do ensino público.
{flowplayer}barbanza/protestarecortesleliadoura.flv{/flowplayer}
Mestres e alumnos saíron ó patio do centro portando unha pancarta en contra dos recortes efectuados pola administración. Alí deron lectura a un manifesto no que reivindican o mantemento dunha educación de calidade como dereito básico.
A supresión dunha praza de profesor de pedagoxía terapéutica non é nin moito menos o único recorte que sufriu este centro aínda que si un dos que máis prexuízos está a ocasionar, especialmente a aqueles alumnos con difucltades de aprendizaxe.
Máis alumnos e menos mestres
Dende o instituto denuncian tamén a constante redución dos presupostos para os centros públicos e a diminución do profesorado, a pesar de contar con máis alumnos procedentes do IES Coroso que este ano converteuse en centro integrado.
Pretenden tamén chamar a atención sobre o encarecemento dos comedores escolares a pesar da crecente demanda das familias así como a redución das axudas para mercar os libros de texto.
Fronte a todos estes recortes que están a supoñer unha importante merma da calidade do ensino non lles queda máis que saír á rúa para facer visible a súa situación; unha situación que agardan que mude para non hipotecar a educación das xeracións vindeiras.
Redacción Barbanza










