POBRA> A pesar da melloría nas cifras de contaxios dos últimos días, a Pobra decide suspender as festas do Carme dos Pincheiros, previstas para a segunda fin de semana de agosto. A decisión foi tomada polo Concello en conxunto coa comisión organizadora.
O mesmo acontecerá co festival ‘Entrebateas’ previsto para o mes de setembro, que igual que aconteceu o pasado ano volve a caer da programación cultural e festiva.
Dende o Concello incidiron en que toman esta decisión de xeito prudente, para non ter que lamentar no futuro posibles novos peches e restricións, e pensando sobre todo na hostalería e comercio local.