POBRA> A xunta xeral do pósito pobrés non descarta emprender diferentes actos reivindicativos se non obtén unha resposta satisfactoria.
{flowplayer}barbanza/marisqueocabio.flv{/flowplayer}
Non é un tema novo. Dende hai moitos anos o pósito pobrés vén reclamando a xestión do banco de libre marisqueo de Cabío, da súa totalidade ou da parte que historicamente lle corresponde. A pesar dos numerosos intentos e a boa vontade por parte da Administración, polo de agora non obtiveron unha resposta satisfactoria á súa solicitude, na maioría dos casos pola oposición da práctica totalidade das confrarías da Ría. Os malos resultados no inicio da campaña neste banco marisqueiro volve a reabrir unha vella demanda dos mariscadores da Pobra que agora non están dispostos a deixar pasar.
Entrevista con Rosa Quintana
A xunta xeral do pósito pobrés xa ten solicitada unha entrevista coa propia conselleira do Mar, Rosa Quintana, na que teñen previsto trasladarlle a súa postura.
Redacción Barbanza